Lingua e literatura. Probas de Selectividade 2014 é unha obra que pretende servirlle de axuda ao alumnado de Lingua e literatura galega de 2º de Bacharelato para preparar a Proba de acceso á universidade do ano 2014. Ofrécense, resoltas, as catro probas que se formularon o pasado ano nas
Manuel Antón Mosteiro García, nado en Bueu o 16 de maio de 1970, é un profesor e escritor galego.
Licenciado en Filoloxía Hispánica na Subsección Galego-Portugués pola Universidade de Santiago de Compostela foi profesor de Lingua e Literatura Galega no Colexio Marcote de Vigo e no Colexio Internacional Sek Atlántico de Pontevedra. Foi membro dos xurados do Premio de poesía Johan Carballeira, do Premio de Narrativa Blanco Amor e do Premio de xornalismo Johán Carballeira. Colaborou no Suplemento do Morrazo do Diario de Pontevedra e en Praza Pública baixo o pseudónimo 'O aletófilo do Morrazo'.
Foi membro fundador e presidente da Asociación de Amigos de Johan Carballeira. Colaborador da EGU.
Despois de publicar varios libros de didáctica da Lingua e Literatura Galega en Xerais, en 2020 publicou a súa primeira novela, Tres acordes para unha vella melodía, na que hai tres asasinatos en condicións semellantes, un deles do Conselleiro de Industria da Xunta de Galicia.
e descubre todas as novidades do libro en galego