Arroupada por unha constelación de voces amigas, a palabra celebra a plenitude do amor e do sexo, evoca os momentos atrapados e os obxectos marcados, recoñece a impotencia ante o abandono e a perda, reclama a memoria, contempla as identidades esgazadas, abraza quizais a esperanza. Entoa, en suma,
BOULEVARD DE LA MADELEINE Acababa de chover no boulevard de la Madeleine. Os faros dos coches engalanaban o asfalto e as cálidas luces prendíannos desde o interior das tendas. Alí estabas, camiñando orgullosa ao meu lado mentres eu pensaba que eras a miña Alphonsine Plessis, cortesá esvelta, pálida, garbosa e florida. Era estraño que te quixese e te desexase así, tísica e melancólica e promiscua. Creo que era polo virtuosismo con que mentías. E porque eras libre e acababa de chover no boulevard de la Madeleine.
e descubre todas as novidades do libro en galego