Bieito Dubidoso era mago, e nas súas mans de alas de colibrí tremían a velocidade da luz e a exactitude do reloxo. Facedor de acontecementos imposibles era quen de provocar a desaparición dunha persoa ou de serrar o corpo de calquera e volvelo colar, sen que as vítimas se apercibisen de nada do
A. Roque Cameselle Capón, nado en Vigo en 1981, é un escritor e director de cinema galego.
Vive en Tui desde neno. Licenciado en Comunicación Audiovisual, foi profesor durante cinco anos de guión cinematográfico na Escola Superior de Cine de Galicia, e Crítico de cine de Faro de Vigo. Dirixiu as curtametraxes Memoria indesexable (1998), A moza do último (1998), Soldado sen fortuna (2001) e Amor a Mantis (2003).
No 2011 estreou no Festival Internacional do Novo Cinema Latinoamericano da Habana unha película de animación titulada The little Wizard. O mago Dubidoso, que significou o seu debut como director de longametraxes. A obra está baseada nos primeiros capítulos da súa novela Bieito Dubidoso.
Na actualidade, traballa como director e xefe de guionistas no desenvolvemento dunha serie de televisión de debuxos animados que se chama O diario de Berto.
Como guionista escribiu Na luz freada da tarde (2001), A Gilda chamábanlle Leonor (2002) e Meu xeneral o asasino foi o mar (2003), traballos premiados na convocatoria da Xunta de Galicia para a escritura de guións.
Como narrador publicou o libro de relatos O Pausiñas (2001), e a novela Bieito Dubidoso (2003). Algúns dos seus relatos foron publicados en volumes colectivos. Dende 1997 obtivo varios premios literarios no eido da poesía, do relato e da novela curta.
e descubre todas as novidades do libro en galego