1. INICIO
  2. Libros
  3. O PASO EN FALSO
O PASO EN FALSO

O PASO EN FALSO

Abraham Pérez
0 veces listado

Manuel Bugallal é unha especie de Ulises posmoderno que gravita con lixeireza entre tres cidades: Santiago de Compostela, Lugo e Madrid, na procura da composición do quebracabezas que supón a descuberta do mundo e a identidade. O paso en falso pódese ler como unha novela de formación, inclusive de

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Editorial Galaxia, S.A.
Data publicación
2023-10-09
Páxinas
178
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4117-6153-6
EAN
9788411761536
Formato
RUSTICA
Avatar

Abraham Pérez

Ver autor

Abraham Pérez, nado en Lugo en 1990, é un escritor galego.

Graduado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, e máster de Filosofía: Coñecemento e cidadanía, pola mesma Universidade. Cursou estudos de guionista en Madrid. Colaborou nas publicacións Revista Détour, Drugstore Magazine e Cuatro Ojos Magacín e no programa O Sombreiro de Merlín de Radio Obradoiro. Varios dos seus poemas apareceron en Grial, Luzes, Dorna, Xistral ou Tr3sreinos. Parte da súa obra está traducida ao portugués, o inglés, o francés e o castelán.

En decembro de 2020 obtivo o segundo premio no III Certame de poesía Torre de Caldaloba coa obra unha teoría para os espectros. E en 2021 a súa obra toxicidade foi 2º premio na categoría F do Certame de Poesía Francisco Añón.[4] Ademais, no ano 2022 foi un dos artistas seleccionados para desfrutar dunha das bolsas de investigación na escrita da Residencia Artística Mariñán que se levan a cabo no Pazo de Mariñán, asemade foi finalista no XXXIV premio Torrente Ballester en lingua galega. No 2023 foi seleccionado para a Residencia Literaria da Illa de San Simón. En novembro do 2025 foi o gañador do VIII certame de poesía Torre de Caldaloba coa obra Chernóbil revival. Forma parte do grupo poético Lupercais.

Ten participado en numerosos recitais, así como realizado intervencións nas que mestura literatura, pensamento filosófico e arte conceptual para museos e galerías de arte. É membro da AELG.

Valoracións das lectoras e lectores
5.0
1 valoracións

5 estrelas

100%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Abraham Pérez

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego