1. INICIO
  2. Libros
  3. FRAGMENTO / CREBA
FRAGMENTO / CREBA

FRAGMENTO / CREBA

Abraham Pérez
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Un poemario dun autor que, malia a súa xuventude, é quen de gravitar coa palabra no máis profundo da conceptualidade ontolóxica, esa en que hai que entrar para entender o mundo ou, cando menos, para significalo. A realidade non é uniforme. A existencia móstrasenos. E a través das súas fendas, o

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Editorial Galaxia, S.A.
Data publicación
2021-10-18
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4915-1677-4
EAN
9788491516774
Avatar

Abraham Pérez

Ver autor

Abraham Pérez, nado en Lugo en 1990, é un escritor galego.

Graduado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, e máster de Filosofía: Coñecemento e cidadanía, pola mesma Universidade. Cursou estudos de guionista en Madrid. Colaborou nas publicacións Revista Détour, Drugstore Magazine e Cuatro Ojos Magacín e no programa O Sombreiro de Merlín de Radio Obradoiro. Varios dos seus poemas apareceron en Grial, Luzes, Dorna, Xistral ou Tr3sreinos. Parte da súa obra está traducida ao portugués, o inglés, o francés e o castelán.

En decembro de 2020 obtivo o segundo premio no III Certame de poesía Torre de Caldaloba coa obra unha teoría para os espectros. E en 2021 a súa obra toxicidade foi 2º premio na categoría F do Certame de Poesía Francisco Añón.[4] Ademais, no ano 2022 foi un dos artistas seleccionados para desfrutar dunha das bolsas de investigación na escrita da Residencia Artística Mariñán que se levan a cabo no Pazo de Mariñán, asemade foi finalista no XXXIV premio Torrente Ballester en lingua galega. No 2023 foi seleccionado para a Residencia Literaria da Illa de San Simón. En novembro do 2025 foi o gañador do VIII certame de poesía Torre de Caldaloba coa obra Chernóbil revival. Forma parte do grupo poético Lupercais.

Ten participado en numerosos recitais, así como realizado intervencións nas que mestura literatura, pensamento filosófico e arte conceptual para museos e galerías de arte. É membro da AELG.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Abraham Pérez

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego