Frank Soutelo continúa en Galicia e agora está indignado. Todo comeza co roubo do manuscrito de "Vento mareiro", de Cabanillas, e despois co dun valioso papiro exipcio vinculado ás revoltas da primavera árabe. Demasiada xente quere o papiro, ao prezo que sexa... Soutelo sospeita que todo ten que ver
Miguel Ángel Fernández Fernández,coñecido publicamente como Miguel Anxo Fernández, nado no Carballiño o 20 de setembro de 1955, é un escritor, ensaísta e investigador cinematográfico galego.
Diplomouse como profesor de EXB en Ourense, e licenciouse en Xeografía e Historia, na rama Historia da Arte, Xeografía e Historia de Galicia, e é doutor en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo. Diploma de Estudos Avanzados en Historia da Arte e da Música, Comunicación e Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor de Comunicación Audiovisual na Facultade de Comunicación de Pontevedra, da Universidade de Vigo, até a súa xubilación en 2025.
É autor de numerosas obras de historia do cine galego, vicepresidente da Fundación Carlos Velo, director do Ourense Film Festival entre 2018 e 2024, e director do curso de extensión universitaria CeMAC (Curso de Medios Audiovisuais de Celanova), que desde 2005 promoven a Fundación Carlos Casares e a Universidade de Vigo. Foi membro da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega.
e descubre todas as novidades do libro en galego