Logo do éxito de Un nicho para Marilyn, Frank Soutelo, detective californiano de pais galegos, volve en Luar no inferno aos ambientes cinematográficos para tentar descubrir unha trama negra na que se mesturan os magnates de Hollywood, o tráfico de mulleres na fronteira mexicana e as snuff movies,
Miguel Ángel Fernández Fernández,coñecido publicamente como Miguel Anxo Fernández, nado no Carballiño o 20 de setembro de 1955, é un escritor, ensaísta e investigador cinematográfico galego.
Diplomouse como profesor de EXB en Ourense, e licenciouse en Xeografía e Historia, na rama Historia da Arte, Xeografía e Historia de Galicia, e é doutor en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo. Diploma de Estudos Avanzados en Historia da Arte e da Música, Comunicación e Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor de Comunicación Audiovisual na Facultade de Comunicación de Pontevedra, da Universidade de Vigo, até a súa xubilación en 2025.
É autor de numerosas obras de historia do cine galego, vicepresidente da Fundación Carlos Velo, director do Ourense Film Festival entre 2018 e 2024, e director do curso de extensión universitaria CeMAC (Curso de Medios Audiovisuais de Celanova), que desde 2005 promoven a Fundación Carlos Casares e a Universidade de Vigo. Foi membro da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega.
e descubre todas as novidades do libro en galego