Premio de Novela Blanco Amor 1998. O libro que gañou o Premio Blanco Amor de 1998 presenta intrigas e aventuras na época da Ilustración, persoas e pobos arrastrados polos conflitos entre as grandes potencias navais, debates aínda hoxe non resoltos. Sen dúbida, unha gran novela e unha peza máis na
Francisco Xavier Alcalá Navarro, máis coñecido como Xavier Alcalá, nado en Miguelturra (Cidade Real) o 19 de agosto de 1947, é un escritor galego.
Viviu en Ferrol dende a infancia, e estudou no Instituto Concepción Arenal desa cidade. Estudou Enxeñaría de Telecomunicación na Escola Técnica Superior de Enxeñaría e Sistemas de Telecomunicación da Universidade Politécnica de Madrid. Doutorouse en Informática no Departamento de Electrónica e Sistemas da Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Foi profesor asociado de dita facultade, e impartiu docencia tamén na Facultade de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade Católica Arxentina e a Escola de Organización Industrial de Madrid.
e descubre todas as novidades do libro en galego