1. INICIO
  2. Libros
  3. GARGOLA
GARGOLA

GARGOLA

Carlos Vila Sexto
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Jeremy ten un mal soño que volve unha e outra vez, un horrible pesadelo que está a indicarlle algo. A súa nai morreu en circunstancias estrañas, ao igual que varios amigos do seu pai. ¿Que foi o que ocorreu? ¿Cal é o significado dos seus atroces pesadelos? ¿Quen é ese ser sen rostro que o aborda

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
GALAXIA
Data publicación
2005-09-06
Páxinas
130
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4828-8835-4
EAN
9788482888354
Formato
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Avatar

Carlos Vila Sexto

Ver autor

Carlos Vila Sexto, nado na Coruña o 13 de setembro de 1977, é un escritor e guionista galego.

Comezou a escribir de rapaz, con catorce anos gañou o V Premio Rúa Nova de Narracións Xuvenís co relato de aventuras "Alén da aventura" (1992), con ilustracións orixinais de seu pai, o pintor e médico Roberto Vila Rodríguez. Repetiu premio ó ano seguinte coa novela de terror Gárgola (1993). Dous anos máis tarde apareceu Cara á fin da luz (1995), unha novela de misterio, aventuras e terror ambientada nunha aldea. Un relato seu, "O baúl", foi incluído na Antoloxía do conto de medo galego, unha selección de relatos de terror recompilados por Silvia Gaspar para a Editorial Galaxia.

Carlos Vila tamén foi creador e guionista das series de televisión Un lugar en el mundo, Motivos personales, Círculo Rojo e Los misterios de Laura, posteriormente adaptada nos Estados Unidos como The Mysteries of Laura, protagonizada por Debra Messing.

En marzo de 2009 publicou, dentro da colección Costa Oeste da Editorial Galaxia, o seu cuarto libro, As Sete Mortes, unha aventura con tinturas de misterio ambientada en Galicia. Esta obra recibiu o premio Frei Martín Sarmiento en 2011, na categoría de 3º e 4º da ESO, como mellor libro do ano para os escolares galegos. En setembro de 2014 foi traducida ao catalán e publicada por Fanbooks.

Foi profesor no Mestrado de Produción e Xestión Audiovisual da Universidade da Coruña.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Carlos Vila Sexto

Á comunidade gustoulles…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego