Lukumí é a historia do mulato Estevo, marcado por dúas culturas, a do seu pai galego e a da súa nai, descendente de escravos africanos. Nesta novela Alfredo Conde deixa que sexa o protagonista da novela quen conte a historia da familia da súa nai, bailarina do famoso cabaret Tropicana, e máis da súa
Alfredo Conde Cid, nado en Allariz o 6 de xaneiro de 1945, é un escritor e político galego tanto en lingua galega como en lingua castelá.
Naceu no seo dunha familia galeguista de clase media. Estudou náutica na Escola Superior de Náutica da Coruña e Historia na Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como mariño mercante e tamén como profesor de historia nun colexio privado.
Xa vai o Griffón no vento incluíuse na Biblioteca Galega 120.
En 1973 foi cofundador, con outros oito socios (José Luis Llácer, Margariña Valderrama, María Victoria Moreno, Blanca Varona, Ramón Yuste, Carmen María Echarre, Paco Gulías e Javier Yuste) da librería Xuntanza, na rúa Andrés Muruais de Pontevedra, que pechou en 1976 polas débedas.
Foi deputado no Parlamento de Galicia como independente no grupo do PSdeG (1981-1993) e conselleiro de cultura con Fernando González Laxe (1987-1990). Foi o primeiro presidente do PEN Clube de Galicia (1990-1991).
A súa primeira obra foi o poemario Mencer de lúas (1968), pero Alfredo Conde é coñecido sobre todo pola súa obra narrativa que comeza en 1974 co libro de relatos Mementos de vivos.
e descubre todas as novidades do libro en galego