Unha novela na que o escritor de Allariz se nos amosa como o escritor que albiscabamos hai tempo. Un escritor que, á parte do dominio do idioma que aquí acada cumes, soubo dar cun tema. (XGG, A Nosa Terra). A obra de Conde impón de xeito insistente a presencia da galeguidade. Con auténtica maestría,
Alfredo Conde Cid, nado en Allariz o 6 de xaneiro de 1945, é un escritor e político galego tanto en lingua galega como en lingua castelá.
Naceu no seo dunha familia galeguista de clase media. Estudou náutica na Escola Superior de Náutica da Coruña e Historia na Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como mariño mercante e tamén como profesor de historia nun colexio privado.
Xa vai o Griffón no vento incluíuse na Biblioteca Galega 120.
En 1973 foi cofundador, con outros oito socios (José Luis Llácer, Margariña Valderrama, María Victoria Moreno, Blanca Varona, Ramón Yuste, Carmen María Echarre, Paco Gulías e Javier Yuste) da librería Xuntanza, na rúa Andrés Muruais de Pontevedra, que pechou en 1976 polas débedas.
Foi deputado no Parlamento de Galicia como independente no grupo do PSdeG (1981-1993) e conselleiro de cultura con Fernando González Laxe (1987-1990). Foi o primeiro presidente do PEN Clube de Galicia (1990-1991).
A súa primeira obra foi o poemario Mencer de lúas (1968), pero Alfredo Conde é coñecido sobre todo pola súa obra narrativa que comeza en 1974 co libro de relatos Mementos de vivos.
e descubre todas as novidades do libro en galego