Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
O fácil que é matar constitúe a segunda entrega da triloxía sobre a emigración galega contemporánea que Alfredo Conde leva acometendo ó longo da década dos noventa, e continúa a travesía da emigración, dos ires e vires que Blas Carou e Celia Pereira iniciaran en Sempre me matan. O fácil que é matar
O fácil que é matar constitúe a segunda entrega da triloxía sobre a emigración galega contemporánea que Alfredo Conde leva acometendo ó longo da década dos noventa, e continúa a travesía da emigración, dos ires e vires que Blas Carou e Celia Pereira iniciaran en Sempre me matan. O fácil que é matar iníciase cando o avión no que Blas Carou retornaba a Galicia deixou os seus motores ó ralentí, minutos antes de aterrar en Maiquetía, e soubo que a vida que o esperaba debía ser considerada en tódolos seus extremos coma un novo descenso ó fondo de si mesmo, ó corazón do lume, esa ardente melancolía que inza sempre a rentes da soidade. A aquela hora, a cinco mil millas, en Compostela, Celia Pereira, a súa dona sentíase unha muller abandonada pero feliz, deambulaba deslumbrante polo vestíbulo do Hotel Peregrina, ateigado de xente engalanada que asistía ó acto de inauguración do cuestionado complexo hoteleiro. Poucos minutos despois, o presidente da Xunta, o alcalde da cidade, o delegado do Goberno central, e varios conselleiros do Goberno galego serían sorprendidos por unha ameaza de bomba realizada polos membros do garga (Grupo Armado Revolucionario Galego). O fácil que é matar proponnos unha mirada aceda e descarnada sobre o exercicio do poder e a actividade política e empresarial na sociedade galega contemporánea, as súas sutilezas, miserias, vaidades e paradoxos. Novela extensa e ambiciosa, de engaiolante lectura, en palabras do propio autor, "constitúe de momento senón a máis grande novela escrita en galego, si a novela máis grande escrita na nosa fala. Iso seguro".
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Alfredo Conde (Allariz, 1945). Mariño mercante. Dedicado ao xornalismo literario, colabora actualmente con El Correo Gallego. A súa obra narrativa está traducida a diversas linguas. En 1968 apareceu o seu primeiro libro, o poemario Mencer de lúas. Como narrador publicou, entre outras obras, Mementos de vivos (1974), relatos; O contubernio (1978), novela; O barco é do amo (1978), novela; Breixo (Xerais 1981), novela, Premio da Crítica Española e Premio da Crítica de Galicia; Memoria de Noa (Xerais 1982), Premio Chitón de novela e Premio Ícaro; Xa vai o Griffón no vento (1984; Xerais 1998), Premio Blanco Amor de novela, Premio da Crítica Española, Premio Nacional de Literatura, Premio Grinzane Cavour á mellor novela estranxeira publicada en Italia en 1990; Una conversación en la Habana (1989), longa entrevista con Fidel Castro; Música sacra (1989), contos; Los otros días (1991), Premio Nadal de novela; Sempre me matan (1995), novela; A Casa de Adara (Xerais 1996), relatos; O fácil que é matar (Xerais 1997), novela; Azul cobalto (2001), novela; Memorias dun soldado (2002), novela; Ósos de santo (2010), novela; Chovida do ceo (Xerais 2014) novela e O beato (Xerais 2016), Premio Ateneo de Valladolid 2015.