DFW nas profundidades da tristeza infinita.As canci≤ns que lles cantaban aos cativos. (2 obras)En DFW nas profundidades da tristeza infinita, Dans afronta un audaz reto dramat·rxico, entre o relato biogrßfico e o delirio posmoderno, baixo a etiqueta de "non ficci≤n". Unha obra sobre o proceso
Raúl Dans Mayor, nado na Coruña o 30 de maio de 1964, é un dramaturgo, guionista e actor de dobraxe galego.
Iniciou a súa andaina como escritor nas emisoras de RNE e RCE, das que foi creador, guionista e locutor de programas de diferente formato: Sin título (humor), Ráfagas (dramático), Imos gratis ao teatro (reportaxe).
É actor de dobraxe desde 1985, e púxolles voz a Jerry Lewis (tamén en castelán), Eddie Murphy, Bradley Cooper, Tom Cruise, Rowan Atkinson, Ben Stiller e ao androide C3PO de A guerra das galaxias, entre outros.
En 1986 integrouse na Compañía Luís Seoane, na que actuou en Forzas Eléctricas e Aquela historia de Bly, montaxes escritas e dirixidas por Manuel Lourenzo.
Protagonizou en 1988 O mozo que chegou de lonxe (CDG), dirixida por Mario Gas. Desde entón continuou como dramaturgo e guionista.
É un dos autores teatrais máis destacados da chamada Xeración dos 90. As súas obras acadaron os máis destacados premios que se convocan na Galiza -o Álvaro Cunqueiro e o Rafael Dieste-, así como, no ámbito da dramaturxia española, o Premi Born coa súa obra Derrota. A súa obra non deixou de editarse desde que irrompeu no panorama literario, e Lugar, a súa peza máis sobranceira, foi publicada na Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia e representada polo Centro Dramático Galego.
Como guionista formou parte dos equipos de creación e escritura da meirande parte das series de ficción da TVG dos últimos tempos: Pratos combinados, A vida por diante, A miña sogra e mais eu, Terra de Miranda, As leis de Celavella etc. Traballa tamén como actor de dobraxe.
e descubre todas as novidades do libro en galego