Esta obra re·ne 12 voces arredor da vida, mais, sobre todo, da obra de Luφsa Villalta. Todas buscan provocar un ruφdo: facer pensar arredor da poeta, da narradora, da ensaφsta, da dramaturga, da profesora, en definitiva, da muller que Villalta foi. Estas pßxinas abalan entre a lembranza, o estudo
Montserrat Pena Presas, nada en Sada o 27 de abril de 1981, é unha crítica literaria galega.
Especialista en literatura infantil e xuvenil, licenciouse en Filoloxía Galega, obtivo o Diploma de Estudos Avanzados en Teoría da Literatura e Literatura Comparada e doutorouse pola Universidade de Compostela. A súa tese, dirixida por Dolores Vilavedra e Bieito Valdivia, titúlase "Feminismo, xénero e coeducación na literatura infantil e xuvenil: historia crítica e aplicación didáctica" (2016). Ademais, obtivo un máster en Edición pola Universidade de Salamanca. Foi profesora de lingua, literatura e cultura galegas na Bangor University (Gales), e, actualmente, traballa como profesora no Departamento de Didácticas Aplicadas da Universidade de Santiago de Compostela no campus de Lugo.
No eido da crítica literaria, colabora en diferentes suplementos culturais (Faro da Cultura, ProTexta, Sermos Galiza) e revistas especializadas (Grial, Anuario de Estudos Literarios Galegos, Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, entre outras), tendo publicado artigos sobre Carlos Casares, Agustín Fernández Paz ou Xohana Torres.
É coautora de materiais didácticos moi variados, entre eles os libros de Lingua e Literatura Galega para a ESO de Editorial Galaxia. Colaboradora do Diario Cultural da Radio Galega. En 2023 nomeárona membro correspondente da Real Academia Galega.
e descubre todas as novidades do libro en galego