As portas do muiño das Xanas sempre estiveron abertas para os habitantes de Queixumes. Xeración tras xeración prestáronlles axuda cada vez que eran requiridas. Todas as súas peticións foron cumpridas, sempre a cambio de algo. Porén, a chegada de Pío Salazar á vila vai mudalo todo. Berenice, a última
Andrea Barreira Freije, nada na Fonsagrada en 1986, é unha escritora galega.
Graduada en xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, mestrado en Comunicación Científica, Tecnolóxica e Medio-ambiental pola Universidade Carlos III de Madrid e outro en Estudos Internacionais pola pola Universidade de Santiago de Compostela.
Imparte obradoiros de escritura para adolescentes e adultos.
Foi xestora cultural, tradutora, locutora, dependenta… e pedagoga.
Forma parte da plataforma de crítica literaria feminista A Sega, que visibiliza o traballo das escritoras.
Publicou o conto infantil de Nadal, Que pode saír mal? para as actividades Pontexogos (Pontevedra) do Nadal 2016/17, ilustrado por Ana Seoane.
En 2023 gañou o VII Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade coa obra Quen precisa unha avoa?
e descubre todas as novidades do libro en galego