Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
O medio cento de poemas que constitúen este volume percorren o mundo infantil galego con estructuras sinxelas e rítmicas. Abren o libro dous poemas dedicados a Galicia. Un deles, que leva o mesmo nome, é case unha declaración de principios sobre o noso país para os nenos e nenas. De seguido, e baixo
O medio cento de poemas que constitúen este volume percorren o mundo infantil galego con estructuras sinxelas e rítmicas. Abren o libro dous poemas dedicados a Galicia. Un deles, que leva o mesmo nome, é case unha declaración de principios sobre o noso país para os nenos e nenas. De seguido, e baixo o epígrafe de " O mundo " , aparecen o sol, as etrelas, a lúa, o arco da vella, o mar, o río e o vento. No poema " As cousas " falan as campás, o barco, o chifre, o muíño, o ourizo, a fouce, o bolo, o foguete, o carro, o tractor, o arado. " Os homes, nenos e nenas " , é o título xenérico onde entran o labrego, o soñador, o afiador, a festa do patrón, os xogos, o lume novo, o pastor, a boneca, a roda-roda. Por último, dous epígrafes dedicados ós animais: o año, a bolboreta, o caracol, a pita choca, a vaca, o burro, a lebre, o galo, o gato, o lobo, o grilo, o corvo, o merlo, o carrizo, o escribinte, as andoriñas, o pazpallar, o cuco, o pardal, as pegas. Este libro é un clásico da nosa literatura infantil. O autor, nunhas palabras iniciais, di que " son versos que este humilde autor botou de menos cando el era neno. Versos que, por outra banda, non había na literatura galega e que tan preciosos son. Eu quixera encher, en parte, este oco " . .
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Manuel María fue el hijo de dos labradores acomodados, Antonio Fernández Nuñez y Pastora Teixeiro Casanova. En 1942 se trasladó a Lugo para estudiar el bachillerato, y en esta ciudad comenzó su precoz carrera literaria participando, a la edad de veinte años, en el ciclo de conferencias "Jóvenes valores lucenses", con el que entró en contacto con los integrantes de la tertulia del café Méndez Núñez (Luis Pimentel, Ánxel Fole, Juan Rof Codina...), que le pusieron en contacto con el galleguismo.