Contemporáneos e fragmentarios, os de Vidas post-it son microrrelatos ou relatos curtos, concisos e veloces, que alimentan un recetario de tropezos na vida. Unha tras outra, predominan as situacións cotiás guiadas por condimentos universais: incomunicación, soidade, desamor, abismo, sexo, rutina,
Iolanda Pérez Zúñiga, nada en Vigo o 12 de febreiro de 1975, é unha escritora en lingua galega.
Mestra de educación musical. Forma parte do grupo Murmel-bruxas de música para nenos. Na actualidade traballa nun restaurante vexetariano de Vigo, despois de ter sido monicrequeira e asistente nunha libraría e nunha tenda de discos. No ano 2007 publicou o seu primeiro libro, Vidas post-it, 46 microrrelatos con temática moi diversa, pero sempre referidos a situacións cotiás universais. En 2008 publicou o poemario Amor amén. En 2010 obtivo o premio Xerais coa novela Periferia, unha historia sobre a precaridade cotiá e a falta de oportunidades nos suburbios.
e descubre todas as novidades do libro en galego