María colleu un avión a Santiago de Compostela, onde a esperan os seus curmáns Pablo e Martiño, para pasar unha semana de vacacións coa avoa Berta. Unha sorpresa agarda aos tres rapaces na casa de Santa Cruz de Ribadulla: deberán compartir a estancia con varias amigas da avoa, que veñen
María Solar Núñez, nada en Santiago de Compostela o 25 de decembro de 1970, é unha xornalista e escritora galega.
Durante os seus estudos formouse e traballou como actriz de dobraxe, actividade que volveu exercer anos despois. E tamén na etapa universitaria comezou a traballar en Radio Compostela. Ese foi o seu primeiro contacto co mundo da comunicación que xa nunca abandonou. Como xornalista o seu traballo céntrase principalmente na radio e televisión autonómicas de Galicia. Na súa traxectoria na TVG presentou todo tipo de programas como o cultural Zigzag diario, Ciencianosa, En pé de festa, Arrampla con todo, A Revista Fin de Semana, etc. Na Radio Galega, entre outros programas foi directora e presentadora durante oito anos da revista As tardes da Galega e do programa de literatura Chamando á Terra. Ten colaborado con frecuencia en prensa e revistas. Tamén presenta o programa Zigzag Fin de Semana en TVG e coordina os programas de cultura da CRTVG.
Como escritora escribiu para todas as idades comezando polo infantil e xuvenil onde obtivo distintos premios e recoñecementos nacionais e internacionais, entre eles o Premio Lazarillo de Creación Literaria 2014 coa obra escrita orixinalmente en galego O meu pesadelo favorito e entrou dúas veces na lista White Ravens cos libros Mi pesadilla favorita en 2015 e Teño uns pés perfectos en 2016. En febreiro de 2017 publicou a novela Os nenos da varíola, baseada na Expedición Balmis. Os seus libros foron publicados en varios idiomas como galego, castelán, catalán, portugués, polaco, filipino, chinés ou italiano.
Gañadora de varios premios, entre eles o Xerais de novela en 2022 por A culpa.
e descubre todas as novidades do libro en galego